Xa queda menos pra chegada dos trens Avril a Galicia. O ministro Óscar Puente realizou hoxe a viaxe de proba entre Madrid e A Coruña. Asegurou que a partir do martes haberá máis prazas e máis frecuencias. Tamén anunciou a creación dun grupo de traballo sobre o Corredor Ferroviario Atlántico.
Por outra banda, a tarde déixanos avances no conflicto de Ambulancias do Atlántico, concesionaria do transporte sanitario na área viguesa.